CONVENIOS COLECTIVOS

Segundo establece o Ministerio de Emprego e Seguridade Social do Goberno de España, un Convenio colectivo é un acordo suscrito polos representantes dos traballadores e empresarios para fixar as condicións de traballo e productividade, con suxección ao previsto no Título III do Estatuto dos Traballadores. Igualmente poderá regular a paz laboral a través das obligacións que se pacten.

Neste contexto, e dado que no sector do granito de Galicia hai dous convenios colectivos e ambos conteñen referencias expresas á Prevención de Riscos Laborais e aos protocolos mínimos en materia de Vixilancia da Saúde, inclúese un apartado con ditos acordos sociais básicos para as relacións laborais.